|
||||||||||||||||||||
Parque Natural Monte Aloia Unha atalaia chea de vida Esta extraordinaria atalaia de case 630 metros de altura, catalogada tamén como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais, serviu de refuxio e defensa diante das diversas invasións que sufriron estas terras ao longo da historia, especialmente durante a Idade Media. Mais os restos dunha muralla no alto do monte e dun poboado romano indican que o ser humano xa coñecía esta zona desde hai moitos séculos. Entre a vexetación, caracterizada por arbustos como o toxo, a queiruga ou a carpaza, abundan árbores de gran interese. Bosques caducifolios e monte baixo comparten este espazo cun extenso piñeiral, froito dunha repoboación ben controlada. Todas estas árbores crean o hábitat perfecto para unha enorme variedade de animais, sobre todo mamíferos, como os raposos e coellos, e aves, como as perdices ou as avelaionas. Fai click aquí para obter máis información sobre o Parque Natural Monte Aloia |
||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||