|
||||||||
|
¡VIVE AO NATURAL! é un programa de educación ambiental deseñado pola Consellería de Medio Ambiente para que todos poidamos coñecer e gozar dos espazos naturais protexidos de Galicia. Unha das claves da sostibilidade é coñecer o noso patrimonio natural, xa que iso significa comprender a necesidade da súa conservación para o noso lecer e para o das xeracións futuras. Estes espazos naturais protexidos representan ecosistemas dun enorme valor ecolóxico, paisaxístico e educativo, e a súa conservación vai depender da divulgación, observación, estudo e interpretación deses valores. ¡VIVE AO NATURAL! quere convidarte a que descubras, de xeito participativo e ameno, a sorprendente e marabillosa biodiversidade de Galicia, a través da interpretación da natureza e dos seus elementos etnográficos. Toda unha serie de actividades que che van permitir coñecer a flora e fauna destes espazos tan privilexiados. Para iso foron deseñados dous programas, en función das características dos visitantes: un dirixido ao público en xeral programa CENTÁUREA, e outro dirixido aos escolares, programa DRUÍDA. |
|||||||