Crestas e vales lévannos ata as pegadas dos vellos glaciares.

Parque Natural do Invernadeiro

A riqueza dos montes

A gran variedade de flora e fauna mestúrase coa impresionante paisaxe deste antigo señorío feudal, agora convertido nun parque natural, e que goza dun nivel de protección importante, o de ser unha Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.

A sucesión de profundos vales e redondos cumes é froito do glaciarismo que modelou estas alturas no pasado máis remoto. Deste xeito, desde os cumios da serra é posible observar un abraiante circo glaciar e a impresionante caída de varias fervenzas desde o alto dos barrancos.

O mato de altura énchese de flores amarelas e malvas cada primavera, e cada inverno cóbrese de neve. As especies que o forman son diferentes segundo avanzamos pola ladeira, e vannos indicando a altitude á que nos encontramos. No máis alto dos montes podemos atopar endemismos botánicos, como algúns piornos.

A fauna salvaxe é a única habitante destes montes, xa que non hai poboacións humanas nin explotacións gandeiras en todo o parque. Lobos, corzos e xabarís comparten territorio con lontras, martas e varias especies de aves de rapina.

No fondo dos vales, ao abrigo das abruptas ladeiras, consérvanse bosques maduros. O carácter mixto dos climas continental e mediterráneo fai que bosques de carballos e rebolos convivan con teixos, acivros e abruñeiros.

Fai clik aquí para máis información sobre o Parque Natural do Invernadeiro


Datos de Interese:
· Superficie: 5.722 ha
· Altitudes:1.000-1.600 m
· Concello: Vilariño de Conxo
· Figuras de protección: Parque Natural
· Zona de Especial Protección dos Valores Naturais

Contacto:
viveonatural.ourense@xunta.es
Teléfono: 988 386 376


Flora de Interese:
· Caprude (Sorbus aucuparia)
· Abruño (Prunus spinosa)
· Acivro (Ilex aquifoilum)
· Silva (Rubus ulmifolius)
· Abeleira (Corylus avellana)
· Cerquiño (Quercus pynenaica)
· Carballo (Quercus robur)
· Bidueiro (Betula celtiberica)
· Arándo (Vaccinum mirtillus)
· Uces (Erica sp.)


Fauna de Interese:
· Leirón gris (Glis glis)
· Teixugo (Meles meles)
· Marta (Martes martes)
· Garduña (Martes foina)
· Armiño (Mustela erminea)
· Donicela (Mustela nivalis)
· Corzo (Capreolus capreolus)
· Cervo (Cervus elaphus)
· Gamo (Dama dama)
· Desmán (Galemys pyrenaicus)
· Tourón (Mustela putorius)
· Lontra (Lutra lutra)
· Aguia real (Aquila chrysaetos)
·
Cabra montés (Capra pyrenaica)


Teixugo (Meles meles)
Gamo (Dama dama)
Lontra (Lutra lutra)


Rutas:

Na Ribeira Pequena:

1- Ruta dos Cercados
2- Ruta do Aceveda

Na Ribeira Grande:
3- Ruta da Ortiga
4- Ruta da Auga
5- Ruta das Troitas
6- Ruta do Depósito

Formulario de solicitude
· Para o Programa CENTÁUREA
É un programa dirixido ao público en xeral que, por motivación propia e
en grupos organizados, achégase a espazos naturais protexidos
· Para o Programa DRUÍDA
É un programa de visitas a areas naturais protexidas de galicia dirixido a escolares.




programa centáurea versión en castelán versión en inglés